Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2024

Ficha 1. Presentación

Imagen
 A docente de Lingua castelá e Literatura, Ana Porteiro, desenvolveu esta unidade co alumnado de 3º ESO o xoves, 7 de novembro. A profesora explicou ao grupo que son os centros Quérote + e que servizos presentan á mocidade. Amosoulles onde se aloxa na rede o formulario anónimo que poden cubrir para consultar as súas dúbidas, así como o resto das vías de contacto das que dispoñen estes centros para proporcionar información sobre sexualidade, prevención do consumo de substancias, convivencia, uso das redes sociais, imaxe e autoestima. O grupo entrou na área de consultas de Quérote + e realizou unha consulta de proba arredor do emprego de determinados métodos anticonceptivos e da finalidade dos centros de planificación familiar.