Entradas

Mostrando entradas de junio, 2025

Ficha 8. Hoxe damos a clase nós

Imagen
 No mes de xuño, o alumnado de 3º ESO, nunha sesión de Lingua castelá, preparou un guión que incluía un resumo das aprendizaxes adquiridas a través das distintas fichas e dinámicas que se levaron a cabo nas sete fichas anteriores para poder poñelo en común e trasladarllo ao alumnado de 2º ESO, que participará neste Plan Proxecta o vindeiro curso. A exposición tivo lugar tamén durante o transcurso dunha sesión da materia de Lingua castelá. Os/As estudantes de 2º ESO amosaron o seu interese polo tema formulando numerosas preguntas aos seus compañeiros de 3º ESO.