Entradas

Ficha 2. A educación sexual

Imagen
 A docente de Lingua castelá e Literatura de 3º ESO desenvolveu esta dinámica na semana do 16 ao 20 de decembro. Para iso, entregou un folio en branco a cada alumno/a e solicitoulles que redactasen nel de forma anónima preguntas sobre a sexualidade ou prácticas e relacións sexuais que desexasen formular. A maioría das cuestións estaban relacionadas cos conceptos de sexo, intimidade e afectividade. Polo tanto, xerouse un debate na aula sobre o significado destes termos. Inspirados na finalidade desta tarefa, os/as estudantes dividíronse en catro grupos. Entre os integrantes de cada grupo, elaboraron as súas propias definicións destas palabras. Ademais, tratouse de vencellar a actividade coa materia de Lingua castelá e Literatura. Nas primeiras semanas de decembro, o grupo achegouse ao estudo de La Celestina, da súa contextualización, temática, argumento, estrutura e estilo. Unha vez interiorizada a teoría e tras realizar a análise dos textos propostos en clase, o grupo dedicou a últ...

Ficha 1. Presentación

Imagen
 A docente de Lingua castelá e Literatura, Ana Porteiro, desenvolveu esta unidade co alumnado de 3º ESO o xoves, 7 de novembro. A profesora explicou ao grupo que son os centros Quérote + e que servizos presentan á mocidade. Amosoulles onde se aloxa na rede o formulario anónimo que poden cubrir para consultar as súas dúbidas, así como o resto das vías de contacto das que dispoñen estes centros para proporcionar información sobre sexualidade, prevención do consumo de substancias, convivencia, uso das redes sociais, imaxe e autoestima. O grupo entrou na área de consultas de Quérote + e realizou unha consulta de proba arredor do emprego de determinados métodos anticonceptivos e da finalidade dos centros de planificación familiar.

Benvida

Imagen
  A educación afectiva e sexual representa un aspecto de gran importancia na formación integral dos adolescentes. Máis aló do coñecemento puramente biolóxico, explica procesos transcendentais como a construción da identidade de xénero ou as relacións afectivas no ámbito da nosa cultura. Por iso, a información que se traslade ao alumnado debe ser rigorosa, obxectiva e completa a nivel biolóxico, psíquico e social, entendendo a sexualidade como comunicación humana e fonte de saúde, pracer e afectividade. É imposible separar sexualidade e a afectividade. Se pretendemos construír unha sociedade na que homes e mulleres poidamos convivir en igualdade e sen discriminacións, é imprescindible proporcionar ao alumnado unha educación afectiva e sexual de calidade. Por todo isto, pretendemos desenvolver este proxecto ao longo do curso de xeito transversal a través da materia de Lingua castelá de 3º ESO.