Benvida

 


A educación afectiva e sexual representa un aspecto de gran importancia na formación integral dos adolescentes. Máis aló do coñecemento puramente biolóxico, explica procesos transcendentais como a construción da identidade de xénero ou as relacións afectivas no ámbito da nosa cultura.

Por iso, a información que se traslade ao alumnado debe ser rigorosa, obxectiva e completa a nivel biolóxico, psíquico e social, entendendo a sexualidade como comunicación humana e fonte de saúde, pracer e afectividade.

É imposible separar sexualidade e a afectividade. Se pretendemos construír unha sociedade na que homes e mulleres poidamos convivir en igualdade e sen discriminacións, é imprescindible proporcionar ao alumnado unha educación afectiva e sexual de calidade.

Por todo isto, pretendemos desenvolver este proxecto ao longo do curso de xeito transversal a través da materia de Lingua castelá de 3º ESO.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Ficha 1. Presentación

Ficha 2. A educación sexual

Ficha 3. A orientación do desexo e a identidade sexual