Ficha 6. Cultivando habilidades

 No mes de abril, o alumnado dedicou unha sesión da materia de Lingua castelá á reflexión sobre as imposicións sociais e ás presións ás que se poden ver sometidos os adolescentes no plano sexual. Para afondar en maior medida nesta idea, o alumnado voluntario representou tres escenas ante o resto da clase: como escenificarían a resposta dun deles ante unha suposta presión da súa parella á hora de manter relacións sexuais baixo o argumento de que todas as súas amizades xa o fixeron; como representarían unha situación na que un deles é convidado a fumar e non desexa facelo; como escenificaría a súa reacción ante a insistencia da outra persoa en que se tatúe o seu nome; e, por último, como reaccionaría un/unha adolescente ante os comentarios do seu grupo de que non vai á moda por non tinguir o pelo dunha cor determinada.

Tras as escenificacións, as persoas voluntarias comentaron como se sentiron no seu rol: tanto aquela que representou á persoa presionada, como a que se atopa nunha situación de poder. Así mesmo, o resto do grupo valorou as respostas proporcionadas polo/a compañeiro/a que adoptou o rol da persoa presionada e proporcionou outras posibles respostas. 

Por último, visualizouse o vídeo "Explicamos el consentimiento" para reflexionar a continuación sobre o seu contido e afianzar a idea de que unha negativa pode producirse en calquera momento do acto sexual e que este debe deterse no momento no que unha das persoas así o manifeste.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Ficha 1. Presentación

Ficha 3. A orientación do desexo e a identidade sexual

Ficha 2. A educación sexual