Ficha 3. A orientación do desexo e a identidade sexual

 O pasado 17 de febreiro, a docente de Lingua castelá de 3º ESO abordou co alumnado do grupo a reflexión sobre os conceptos de orientación do desexo e identidade sexual, organizando previamente unha sesión de achegamento a ambos termos para sondear o grao de coñecemento do alumnado ao respecto dos mesmos. 

Tras esa primeira toma de contacto onde se advertiu a confusión conceptual que presentaba o alumnado do grupo, visionouse na aula o vídeo "¿Qué es la diversidad sexual? Explicación fácil" e a campaña publicitaria "Love has no labels", que sorprendeu enormemente ao estudantado e lles fixo comprender que existen no mundo multitude de relacións afectivas. 

A continuación, a clase dividiuse en cinco grupos para que cada un preparase a súa propia campaña de sensibilización a través dun cartel que incluíse logos e imaxes para manifestar o seu respecto cara  á diversidade sexual.

Velaquí tedes os resultados finais. 



Tras a realización da campaña publicitaria, desenvolveuse na aula outro debate para advertir as diferenzas entre esta nova concepción das relacións afectivas e a teoría do amor cortés estudada na materia de Lingua castelá durante a Idade Media. O alumnado foi quen de detectar claramente os roles amorosos do home e da muller, advertindo que, pese ao paso do tempo, a sociedade actual prolongou durante séculos eses condicionantes e aínda hoxe está a loitar por desposuírse dos estereotipos de xénero. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Ficha 2. A educación sexual

Ficha 1. Presentación