Ficha 4. O modelo de amor romántico

 Durante o mes de marzo, o alumnado da materia de Lingua castelá de 3º ESO reflexionou sobre o concepto do amor romántico como un produto cultural influenciado por unha organización social, económica e política asociada á monogamia, á exclusividade sentimental, ao amor á primeira vista e á recreación de figuras ficticias como o príncipe azul. 

Ademais, os estudantes da materia localizaron estas consideracións na literatura do Século de Ouro que estaban a estudar en clase nese momento, principalmente na poesía amorosa do século XVI e na obra de Garcilaso de la Vega. Para iso, realizaron un exercicio práctico que consistiu na identificación de versos que reforzaban o concepto do amor romántico na lírica do autor. 

A continuación, visualizáronse e analizáronse as curtametraxes derivadas da iniciativa "Encuentra el verdadero amor" para que lles servisen de inspiración para realizar a súa propia detección de frases vencelladas ao amor romántico na música, o cine e a publicidade.

Unha vez identificadas e seleccionadas estas, o alumnado da clase, dividido en dous grupos, redactou mensaxes que, en idénticos contextos, contrarrestasen ditas afirmacións a través do cultivo dun amor real e saudable. 

Velaquí están os cadros comparativos:




Comentarios

Entradas populares de este blog

Ficha 1. Presentación

Ficha 2. A educación sexual

Ficha 3. A orientación do desexo e a identidade sexual