Entradas

Ficha 6. Cultivando habilidades

Imagen
 No mes de abril, o alumnado dedicou unha sesión da materia de Lingua castelá á reflexión sobre as imposicións sociais e ás presións ás que se poden ver sometidos os adolescentes no plano sexual. Para afondar en maior medida nesta idea, o alumnado voluntario representou tres escenas ante o resto da clase: como escenificarían a resposta dun deles ante unha suposta presión da súa parella á hora de manter relacións sexuais baixo o argumento de que todas as súas amizades xa o fixeron; como representarían unha situación na que un deles é convidado a fumar e non desexa facelo; como escenificaría a súa reacción ante a insistencia da outra persoa en que se tatúe o seu nome; e, por último, como reaccionaría un/unha adolescente ante os comentarios do seu grupo de que non vai á moda por non tinguir o pelo dunha cor determinada. Tras as escenificacións, as persoas voluntarias comentaron como se sentiron no seu rol: tanto aquela que representou á persoa presionada, como a que se atopa nunha sit...

Ficha 5. A relación dos sexos a través da tecnoloxía

Imagen
 Desde a materia de Xeografía e Historia, reflexionouse sobre o perigo que pode supoñer un mal emprego das TIC, sendo o ciberacoso unha das prácticas máis nocivas. Nunha sesión didáctica, de forma oral a modo de debate, o alumnado respondeu en público e opinou sobre as diferentes cuestións propostas na ficha docente.

Ficha 4. O modelo de amor romántico

Imagen
 Durante o mes de marzo, o alumnado da materia de Lingua castelá de 3º ESO reflexionou sobre o concepto do amor romántico como un produto cultural influenciado por unha organización social, económica e política asociada á monogamia, á exclusividade sentimental, ao amor á primeira vista e á recreación de figuras ficticias como o príncipe azul.  Ademais, os estudantes da materia localizaron estas consideracións na literatura do Século de Ouro que estaban a estudar en clase nese momento, principalmente na poesía amorosa do século XVI e na obra de Garcilaso de la Vega. Para iso, realizaron un exercicio práctico que consistiu na identificación de versos que reforzaban o concepto do amor romántico na lírica do autor.  A continuación, visualizáronse e analizáronse as curtametraxes derivadas da iniciativa "Encuentra el verdadero amor" para que lles servisen de inspiración para realizar a súa propia detección de frases vencelladas ao amor romántico na música, o cine e a publicidad...

Ficha 3. A orientación do desexo e a identidade sexual

Imagen
 O pasado 17 de febreiro, a docente de Lingua castelá de 3º ESO abordou co alumnado do grupo a reflexión sobre os conceptos de orientación do desexo e identidade sexual, organizando previamente unha sesión de achegamento a ambos termos para sondear o grao de coñecemento do alumnado ao respecto dos mesmos.  Tras esa primeira toma de contacto onde se advertiu a confusión conceptual que presentaba o alumnado do grupo, visionouse na aula o vídeo "¿Qué es la diversidad sexual? Explicación fácil" e a campaña publicitaria "Love has no labels", que sorprendeu enormemente ao estudantado e lles fixo comprender que existen no mundo multitude de relacións afectivas.  A continuación, a clase dividiuse en cinco grupos para que cada un preparase a súa propia campaña de sensibilización a través dun cartel que incluíse logos e imaxes para manifestar o seu respecto cara  á diversidade sexual. Velaquí tedes os resultados finais.  Tras a realización da campaña publicitaria, desenvo...

Ficha 2. A educación sexual

Imagen
 A docente de Lingua castelá e Literatura de 3º ESO desenvolveu esta dinámica na semana do 16 ao 20 de decembro. Para iso, entregou un folio en branco a cada alumno/a e solicitoulles que redactasen nel de forma anónima preguntas sobre a sexualidade ou prácticas e relacións sexuais que desexasen formular. A maioría das cuestións estaban relacionadas cos conceptos de sexo, intimidade e afectividade. Polo tanto, xerouse un debate na aula sobre o significado destes termos. Inspirados na finalidade desta tarefa, os/as estudantes dividíronse en catro grupos. Entre os integrantes de cada grupo, elaboraron as súas propias definicións destas palabras. Ademais, tratouse de vencellar a actividade coa materia de Lingua castelá e Literatura. Nas primeiras semanas de decembro, o grupo achegouse ao estudo de La Celestina, da súa contextualización, temática, argumento, estrutura e estilo. Unha vez interiorizada a teoría e tras realizar a análise dos textos propostos en clase, o grupo dedicou a últ...

Ficha 1. Presentación

Imagen
 A docente de Lingua castelá e Literatura, Ana Porteiro, desenvolveu esta unidade co alumnado de 3º ESO o xoves, 7 de novembro. A profesora explicou ao grupo que son os centros Quérote + e que servizos presentan á mocidade. Amosoulles onde se aloxa na rede o formulario anónimo que poden cubrir para consultar as súas dúbidas, así como o resto das vías de contacto das que dispoñen estes centros para proporcionar información sobre sexualidade, prevención do consumo de substancias, convivencia, uso das redes sociais, imaxe e autoestima. O grupo entrou na área de consultas de Quérote + e realizou unha consulta de proba arredor do emprego de determinados métodos anticonceptivos e da finalidade dos centros de planificación familiar.

Benvida

Imagen
  A educación afectiva e sexual representa un aspecto de gran importancia na formación integral dos adolescentes. Máis aló do coñecemento puramente biolóxico, explica procesos transcendentais como a construción da identidade de xénero ou as relacións afectivas no ámbito da nosa cultura. Por iso, a información que se traslade ao alumnado debe ser rigorosa, obxectiva e completa a nivel biolóxico, psíquico e social, entendendo a sexualidade como comunicación humana e fonte de saúde, pracer e afectividade. É imposible separar sexualidade e a afectividade. Se pretendemos construír unha sociedade na que homes e mulleres poidamos convivir en igualdade e sen discriminacións, é imprescindible proporcionar ao alumnado unha educación afectiva e sexual de calidade. Por todo isto, pretendemos desenvolver este proxecto ao longo do curso de xeito transversal a través da materia de Lingua castelá de 3º ESO.